dscf5429.JPG

Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Como todos os anos logo das excursións unha mañá chegan os mestres e... “ides facer unha lista coas ideas que vos veñen a cabeza ao lembrar a viaxe ás Cíes”.

Quen máis que menos tenta evitalo traballo cun “me encantó todo”, pero coma sempre os mestres insisten e van aparecendo ideas: fixemos amigos, moitas risas, xa empezamos a xogar na estación marítima, pero que ben saben os xogos na praia de Rodas. Ao mestre non lle parece abondo e decide proxectar as fotos da viaxe para ver se lembramos mellor.

E entón lembramos que todos bailamos no barco de volta para Vigo, hai quen ten un recordo para as gaivotas, ¡que listas!, para o mar, que fría estaba a auga, pero bañámonos, debeu ser porque Ángel non paraba de decir que non podiamos ir a Cíes e non probar as súas cristalinas augas.

Unha vez máis os mestres insisten: “en serio non vos lembrades dos guías e das súas explicacións?”. E lembramos os bonitos cantís que poidemos ver dende o Alto do Príncipe e o que nos aprenderon da flora alóctona e dos perigos das especies invasoras. Como diciamos ao principio “nos encantó todo”.

5º de Primaria

El canal de 5º de Primaria