img_1594.JPG

Visita ó centro de interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia é o único espacio natural que conta con esta protección no Noroeste de España. Está composto polos arquipélagos de Sálvora, Ons, Cíes e Cortegada, e as augas que os bañan.

Este parque foi recoñecido como "Parque Nacional" no ano 2002. A excepcional biodiversidade e conservación dos seus fondos mariños albergan unha gran variedade de especies de seres vivos. Destacan, asi mesmo, os sistemas dunares e os cantís nos que atopamos especies endémicas como a anxélica dos cantís, a herba de namorar e unha gran variedade de aves mariñas como a píllara ou o corvo mariño. Coñecer esta gran variedade de formas de vida van servir de gran axuda para aproveitar o traballo que estamos a desenvolver no proxecto de ciencias naturais: "Viva a Vida".

Non esquecemos que o parque estivo habitado desde os máis remotos tempos. No centro de interpretación do parque tamén están presentes as distintas pegadas que os seus habitantes foron deixando. Perfecta motivación para coñecer mellor a nosa historia. Historia que abordan os alumnos de quinto neste terceiro trimestre desde social.

http://www.mapama.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/islas-atlanticas/

 

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.