20190409_110909.jpg

Visitamos o Museo Liste

Os nenos de 3º de E.P. visitamos, os pasados 11 e 25 de abril, o MUSEO LISTE. A mañá foi moi completa. Comezamos cun pequeno paseo ata o museo. ¡Menos mal que o tempo foi bo! A visita estivo organizada en dúas partes: unha explicación das diferentes salas do museo e un gran taller musical.

Fixemos unha pequeña viaxe no tempo para coñecer as ferramentas que os nosos avós e bisavós empregaban no campo e, non só iso, senón tamén diferentes aparellos empregados en profesións como costureira, gandeiro...

Nunha segunda parte puidemos ver como naqueles tempos, a falta de modernos instrumentos, empregábase calquera cousa para facer música como, por exemplo, unhas culleres, unha azada, unha cana...

¡MENUDA VIAXE!

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg