img_20151201_152004.jpg

VISITAS DIDÁCTICAS ESO y BACHILLERATO

Elena Lopez, Lisardo Villanueva

Los alumnos de secundaria y bachillerato han realizado este pasado 1 de diciembre visitas didácticas a diferentes enclaves. En las fotos podéis observar algunas de las actividades que llevaron a cabo. En concreto una alumna de 3ºESO nos comparte su experiencia. También añadimos un artículo sobre la salida a Santiago de 1ºESO.

Estas fueron las salidas de cada curso.

1º ESO Santiago de Compostela

2º ESO Tui/A Guarda

3º ESO Ourense

4º ESO Celanova

1º/2º Bachillerato Oporto

Salida a Ourense

La excursión a Ourense ha sido una experiencia positiva, tanto para dejar atrás la larga jornada del martes, como para convivir con nuestros compañeros mientras aprendemos un poco sobre la historia de la ciudad.

En primer lugar y a pesar del frío, hicimos un tour por Ourense, gracias a una guía que nos enseñó y explicó lo más representativo del casco antiguo.
Más tarde, y sin salir de la zona, visitamos el museo del ferrocarril en el que se encontraban expuestos cientos de trenes para coleccionistas.

Por último, y como todos esperábamos ansiosos, nos dirigimos hacia el Centro Comercial Ponte Vella, donde aprovechamos para comer, descansar y calentarnos.
Ya terminada la excursión, el autobús nos llevó de vuelta al colegio.

Saída a Santiago

O pasado martes 1 de decembro, os estudantes de 1o da ESO visitaron a capital de Galicia. Acompañados dos seus profesores, puideron coñecer algúns dos lugares máis importantes e interesantes de Santiago. Ás oito e media, exactamente á hora fixada, alumnos e mestres subiámonos ao autobús, dispostos a pasar unha xornada escolar diferente pero, á vez, con ganas de aprender todo o que esta visita puidese aportarnos. Dado que eramos moitos, tivemos que dividirnos en dous grupos, división que se mantería ata a hora do xantar, cando nos reuniriamos de novo. Un destes grupos, comezou a xornada visitando a Catedral de Santiago, percorrendo as súas prazas, aprendendo os nomes e épocas dos edificios que a rodean e comentando curiosidades e anécdotas. Decatáronse así de cal era a lenda da chegada do corpo do apóstolo Santiago, de quenes eran esas señoras tan maquilladas ás que se lles adicou unha estatua na Alameda e, ata, de que hai teorías que afirman que a orixe do famoso Xogo da Oca non é outro que o Camiño de Santiago. Durante o tempo que pasaron contemplando tan espectacular edificio, percorrendo as súas naves e observando as súas peculiaridades, aprenderon moreas de coñecementos dun xeito diferente, lonxe das catro paredes do aula. Puideron, ademais, visitar a tumba do apóstolo, sorprenderse co tamaño do botafumeiro e coñecer o Pórtico da Gloria e o que alí se representaba. Algúns, incluso, tiveron a sorte de abrazar a Santiago e disfrutar do impresionante nacemento que xa tiñan montado na entrada da catedral. Mentres tanto, o segundo grupo tiña o privilexio de poder visitar o Parlamento. Acompañados dun guía, e tras pasar diversos controis de seguridade, puideron percorrer as diferentes estancias, coñecer os "tres poderes da democracia" e, ata, asistir a unha sesión parlamentaria na que, en absoluto silencio e moi atentos a todo o que alí ocorría, puideron sentir que formaban parte da política do seu país. Entre xogos de rol nos que eles se convertían en parlamentarios, discusións sobre cales eran os problemas que máis lles preocupaban e aos que querían poñer solución e moitos momentos divertidos, abandonaron aquel lugar cun moi bo sabor de boca. Tras intercambiar os seus destinos e despois de que ambos grupos puidesen gozar das visitas, reunímosnos todos nun centro comercial onde puidemos descansar, comer e prepararnos para a tarde. Ás catro chegabamos, todos xuntos, ao MUPEGA, é dicir o Museo Pedagóxico de Galicia. Alí puidemos coñecer a evolución da escola, ver os libros e o material escolar que usaban os nosos avós e sentarnos nunha clase de principios de século. Os xogos e xoguetes dos nosos antergos, as pizarras e as peonzas chamáronnos moito a atención e as explicacións e exemplos que nos ían dando as guías axudáronnos a comprender o funcionamento de todas aquelas cousas. Finalmente, cansos pero moi contentos regresamos a Vigo onde os nosos pais xa nos esperaban para levarnos a casa e que lles contásemos a experiencia.

ESO Bachillerato

accion_social.png

El canal de la Secundaria

dscf6615.jpg